• ?
  • Rexistro

Move2Learn, Learn2Move

O noso proxecto eTwinning Green Spots in Town é un dos seleccionados na iniciativa da UE Move2Learn, Learn2Move, que ten como obxectivos que a xuventude aprenda a viaxar de forma sustentable por Europa e reforzar o espírito de cidadanía europea.

Como premio, os membros do proxecto recibirán billetes para viaxar á cidade dos socios: os galegos a Ierápetra (Creta) e os gregos a Santiago de Compostela.

Pero para nós, ante todo, trátase dun recoñecemento ao traballo realizado no noso proxecto, que xa conta cos Selos de Calidade eTwinning en España e en Grecia.

Nova no boletín de EDU