• ?
  • Rexistro

Visita ao CESGA – 2023

O día 30 de marzo de 2023 realizamos unha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) situado na avenida de Vigo, en Santiago de Compostela. Os integrantes da visita foron estudantes do grupo 1ASIR ordinario.

A visita comezou ás 9:00 da mañá e desenvolveuse dentro das instalacións do centro, comezando por un paseo polas instalacións do CPD onde puidemos ver os equipos e resto de infraestructuras en acción, tanto o Finisterrae III (instalado no 2022) como os equipos de backup de cinta. A visita completouse co paso polas distintas salas onde se localizan os sistemas de alimentación ininterrompida (permite estabilizar o sinal eléctrico e dá tempo a iniciar o equipo electróxeno), extinción de incendios (tanto para lumes eléctricos coma de outro tipo), grupo electróxeno (cun motor de combustión que permita manter a actividade ante a ausencia de luz eléctrica) e equipos de arrefriado do aire da sala do CPD.

Tras a visita subimos a unha sala onde o alumnado asistiu a unha explicación sobre a orixe da fundación, os obxectivos e a súa misión. Comentáronnos algúns exemplos das actividades que realizan para facilitar a comprensión da súa funcionalidade e, posteriormente, nun ámbito mais técnico, a explicación centrouse en conceptos que inciden directamente nos obxectivos do módulo de Fundamentos de Hardware. O alumnado tivo tempo para realizar preguntas sobre o funcionamento das instalacións e participou activamente na sesión didáctica.