• ?
  • Rexistro

Reclamacións de 2º de bacharelato – xuño 2019

A CIRCULAR Nº2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a ORDE do 22 de abril de 2010, establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Tal e como figura no calendario de bacharelato, publicado ao comezo do curso, as revisóns da avaliación extraordinaria de 2º de bacharelato terán lugar os días 24 e 25 de xuño, de acordo co seguinte procedemento:

1. As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na páxina web www.iessanclemente.net o día 24 de xuño ás 12.00 horas.

2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente, de xeito persoal, telefónico ou telemático, no seguinte horario:

o día 24 de xuño, de 17:00 a 20:00 horas
o día 25 de xuño, de 11:00 a 14:00 horas

As solicitures de revisión non presenciais deberán axustarse ao formato do modelo de solicitude de revisión.

3. O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 26 de xuño ás 14:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

4. O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas do mesmo día 26 de xuño para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do departamento correspondente.

5. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 15:00 horas do día 27 de xuño. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019