• ?
  • Rexistro

Proxectos Europeos – Informe final 2017/2018

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:

Mobilidades Erasmus+ KA102 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:

  • Ciclo Medio, 17 mobilidades: 9 de FCTs, 3 de recén titulados e 5 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto e Covilhã) excepto unha, en Reino Unido. Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2016 e 2017.
  • Ciclo Medio, 4 mobilidades para estudos en Lisboa e Viana do Castelo. Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2016 e 2017.
  • Ciclos Superiores, 11 mobilidades: 7 de FCTs, 3 de recén titulados e 1 extra curricular. Destinos: Porto, Lisboa, Dublín, Londres e Manchester. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2016 e 2017.

 

Incoming mobilities:

  • 5 mobilidades: 3 alumnos e 2 alumnas do INETE de Lisboa (Portugal), de Informática e Mecatrónica.

 

Job shadowing:

  • 1 mobilidades saínte da profesora Catalina Pérez Gómez ao centro de ensino INETE – Instituto de Educação Técnica (Lisboa, Portugal).
  • 1 mobilidade entrante do profesor Hashmit Parker do Colaiste Dhulaigh College of Further Education de Dublín, Irlanda.

 

Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:

  • Ciclo Medio: 14 para prácticas + 2 bolsas de estudos + 1 job shadowing.
  • Ciclos Superiores: 16 para prácticas + 1 job shadowing.

 

Incremento dos importes das axudas para o ano 18/19

  • Sobe a axuda económica para realizar a FCT: 2540 euros en países do Grupo 1 (Reino Unido, Irlanda, etc.) ou 2266 euros en países do Grupo 2 (Portugal, Alemaña, etc.). Máis información

 

Proxectos eTwinning: