• ?
  • Rexistro

Seccións bilingües en portugués – Informe final 2016/2017

Durante o presente ano escolar, os módulos SOR do ciclo SMR e FH do ciclo ASIR foron impartidos utilizando a lingua portuguesa como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, nos vídeos que gravaron, etc.

Estes foron os puntos indicados nas memorias destas seccións bilingües:

Aspectos positivos:
Fixemos exames modelo do CAPLE-FLUL. 40 de 41 pasaron o B1.
– 30 alumnos examináronse oficialmente do B1 e 1 do B2, no CAPLE. 1 farao en novembro.
– 17 mobilidades en Portugal: FCT de 8 alumnos de SMR e ASIR, 2 de recén titulados de SMR e 7 extra curriculares de 1SMR e 1ASIR.
– Practicamos a oralidade gravando vídeos e audio.
– Participamos nos proxectos eTwinning Um parafuso a menos (coa ETAP de Viana do Castelo) e Um tripé para o meu e-book (coa ES Carlos Amarante de Braga).

Propostas de mellora:
– Ter auxiliar de conversa.
– Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.


Balance en números dos seis anos de seccións bilingües en portugués
– Alumnos iniciados en portugués grazas á sección bilingüe: 153.
– Alumnos que realizaron a FCT ou prácticas de recén titulado en Portugal: 34.
– Alumnos que certificaron o seu nivel de Português: 49 (actualizado a 12.07.17).
– Sinerxías: alumnos que, non sendo de seccións bilingües, asistiron a clases de Português e realizaron prácticas en Portugal (14) e certificaron o seu nivel de Português (3).

Balance dos seis primeiros anos en folla de cálculo
Balance completo dos cinco primeiros anos
Resumo en formato presentación dos cinco primeiros anos