Certifica o teu nivel!

O IES San Clemente organiza probas de certificación oficiais de Inglés e Portugués, coa axuda económica da Consellaría de Educación e do propio instituto.

O alumnado do IES San Clemente pode solicitar unha axuda económica para o pago (total ou parcial) das taxas de inscrición nos exames de certificación.

Informamos por correo interno tanto dos prazos de solicitude como do proceso posterior.

Formulario de solicitude

Prazo aberto até 8 de novembro de 2026

 

 

English

A proba realízase nas instalacións do Piccadilly English in Motion: Certificado Oxford de inglés para a obtención dos niveis B1, B2 ou C1. Exame multinivel.

  • Alumnado de 2º con axuda económica da Xunta: inscrición e pago centralizado desde o IES.
  • Resto de alumnado: inscrición individual e pago directo. Reembolso do IES: 50 euros.

Como alternativa, pódese solicitar a axuda para realizar a proba libre nunha EOI:

  • Alumnado de 2º con axuda económica da Xunta: inscrición individual e pago directo. Reembolso do IES: contía íntegra.
  • Resto de alumnado: inscrición individual e pago directo. Reembolso do IES: 50 euros.

 

Português

O exame realízase no CAPLE, na sede da Academia Lorca ou na Facultade de Filoloxía da USC. O alumnado Erasmus+ tamén pode realizar a mesma proba na cidade de destino, tipicamente Lisboa ou Porto.

  • Alumnado de 2º con axuda económica da Xunta: inscrición individual e pago directo, en sesión conxunta no instituto. Reembolso do IES: contía íntegra.
  • Resto de alumnado: inscrición individual e pago directo, en sesión conxunta no instituto. Reembolso do IES: 65 euros (B1 ten un custo de 115 euros).

Como alternativa, pódese solicitar a axuda para realizar a proba libre nunha EOI.

  • Alumnado de 2º con axuda económica da Xunta: inscrición individual e pago directo. Reembolso do IES: contía íntegra.
  • Resto de alumnado: inscrición individual e pago directo. Reembolso do IES: 50 euros.

Testes modelo do CAPLE e das EOI

 

Excepcionalmente realizamos nas instalacións do IES o exame “Camões Júnior” para menores de idade e ANEAE.

  • Todos os casos: inscrición e pago centralizado desde o IES.

 

EU Academy

Este portal da Unión Europea ofrece probas de nivel e cursos online gratuítos que poden ser útiles para preparar os exames de certificación, para iniciarse nunha lingua estranxeira, antes dunha mobilidade Erasmus+, etc. Atención, se aínda non tes conta UE, créaa usando o teu email persoal, non empregues o do IES.

 

Solicitude de transferencia

Se tes dereito ao aboamento das taxas da EOI(*), copago ou noutro caso excepcional, podes solicitar a transferencia cubrindo este formulario despois de realizar o exame, cando teñas os resultados.

Formulario para o alumnado 25/26

 

Máis información

plurifp@iessanclemente.net

 


(*) inclúe os gastos de expedición do título, se é o caso.