• ?
  • Rexistro

Seccións bilingües en portugués – Informe final 2015/2016

Durante o presente ano escolar, os módulos SOR do ciclo SMR e FH do ciclo ASIR foron impartidos utilizando a lingua portuguesa como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, nos vídeos técnicos que gravaron, etc.

Estes foron os puntos indicados nas memorias destas seccións bilingües:
Aspectos positivos:
Fixemos exames modelo do CAPLE-FLUL. O 100% pasou o nivel A2 e o 91% pasou o B1.
– 10 alumnos certificaron o seu nivel de portugués (CAPLE ou EOI) e 4 están inscritos no exame de xullo.
– 12 alumnos de SMR realizaron a FCT en Lisboa e no Porto.
– Practicamos a oralidade realizando vídeos relacionados cos contidos dos módulos SOR e FH.
– Participamos nos proxectos eTwinning AtlânticoVET (co Agrupamento de Escolas Pinheiro e Rosa de Faro) e GaliMinho – Oficina de Hardware (coa ES Carlos Amarante de Braga).

Propostas de mellora:
– Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.


Balance dos cinco anos de seccións bilingües en portugués

No IES San Clemente impartimos unha sección bilingüe en portugués desde hai cinco anos: Sistemas Operativos en Rede do ciclo medio Sistemas Microinformáticos e Redes; e unha nova sección bilingüe que comezou no ano 2015/2016: Fundamentos de Hardware do ciclo superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

Durante estes cinco anos, os alumnos aprenderon con pouco esforzo (en comparación con outras linguas) un novo idioma que lles permitiu optar á posibilidade de realizar a FCT no estranxeiro. Moitos deles tamén certificaron o seu nivel de lingua no Instituto Camões de Vigo, na Faculdade de Letras de Lisboa e na EOI de Compostela.

Estes son os números:
– Alumnos iniciados en portugués grazas á sección bilingüe: 112.
– Alumnos que realizaron a FCT en Lisboa e no Porto: 24.
– Alumnos que certificaron o seu nivel de Português: 22 (+4 previsión, xullo 2016).
– Sinerxías: alumnos que, non sendo de seccións bilingües, asistiron a clases de Português e realizaron prácticas en Portugal (5) e certificaron o seu nivel de Português (2).

As clases de informática son impartidas en portugués, as interfaces do software utilizado están nesta lingua e os manuais que teñen que redactar os alumnos tamén. En todo momento son axudados e corrixidos polo profesor CLIL e pola auxiliar de conversa.

Participamos en proxectos eTwinning xunto con outros centros de FP de Portugal (Lisboa, Almada, Covilhã, Faro, Leiria e Braga) intercambiando posts e vídeos creados polos alumnos en LE, sobre temas variados (e tamén relacionados coas ensinanzas técnicas).

Realizamos vídeos en portugués relacionados co módulo profesional: Lista de reprodución pública

Ademais, o centro oferta desde hai dous anos Portugués 2LE en Bacharelato telemático.

Difusión das seccións bilingües en portugués do IES San Clemente:
12.06.16 – Ciranda / Portal galego da língua – Difusión das seccións bilingües en portugués, Erasmus+ e eTwinning
10.06.16 – IES San Clemente – As seccións bilingües e a implantación do portugués no ensino regrado galego
30.05.16 – IES San Clemente – Actividade do alumnado de FH en Braga
22.05.16 – La Voz de Galicia – El San Clemente tiene 16 alumnos de prácticas en Portugal
02.03.16 – IES San Clemente – Lusopatia
16.06.14 – Portal Galego da Lingua – No ano escolar 2014-2015 oferecerá-se português no bacharelato a distância
25.05.14 – La Voz de Galicia – Tres institutos ofrecen portugués y se adelantan a la Ley Paz Andrade
30.03.14 – El Correo Gallego – Galicia márcase como reto o achegamento ao portugués
03.10.13 – La Voz de Galicia – De las mieles de una multinacional a la hiel del desempleo
06.09.13 – Portal Galego da Língua – Entrevista en AGAL Hoje
30.06.13 – La Voz de Galicia – A rede eTwinning e programas da UE abren a FP a varios países europeos
30.01.13 – A. de Docentes de Português na Galiza – No IES S. Clemente já estudam e estagiam em Português
18.12.12 – La Voz de Galicia – El IES San Clemente amplía al ciclo medio de FP las prácticas en el extranjero

Resumo en formato presentación:

ir.gl/bi-pt


Nota de setembro de 2016:

Os catro alumnos que se examinaron en xullo do nivel B1 de Português, tamén obtiveron o seu diploma.