• ?
  • Rexistro

Proxectos Europeos – Informe final 2016/2017

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:

Mobilidades Erasmus+ KA102 e KA103 para a realización de prácticas no estranxeiro:

  • Ciclo Medio, 14 mobilidades: 6 de FCTs, 2 de recén titulados e 6 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto e Covilhã) excepto unha, en Edimburgo (Escocia). Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2016.
  • Ciclos Superiores, 12 mobilidades: 5 de FCTs (Dublín, Londres, Porto e Lisboa), 2 de recén titulados (Porto e Lisboa) e 5 extra curriculares (Porto e Dublín). Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2016, excepto unha (auto financiamento).

 

Incoming mobilities:

  • 4 mobilidades: Un alumno e tres alumnas do INETE de Lisboa (Portugal), de Informática, Contabilidade e Óptica.

 

Job shadowing:

  • 3 mobilidades saíntes: 2 do profesor Víctor Fernández Albor aos centros de ensino Coláiste Dhúlaigh College of Further Education (Dublín, Irlanda) e Agrupamento de Escolas da Batalha (A Batalha, Portugal). 1 do profesor Marcos Vence á ETAP de Viana do Castelo (Portugal).
  • 2 mobilidades entrantes dos profesores Giuseppe Varalda e Mauro Bogliaccino do ITS – ICT Piemonte (Turín).

 

Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:

  • Ciclo Medio: 12 para prácticas + 2 bolsas de estudos + 1 job shadowing.
  • Ciclos Superiores: 16 para prácticas + 1 job shadowing.

 

Criterios de selección:

 

Carta Erasmus de FP:

  • Actualización do Plan de modernización e internacionalización do centro coa redacción deste Anexo.
  • Solicitude e concesión da Carta Erasmus de FP.
  • Revalidación e creación de acordos de colaboración con varios centros de ensino europeos: INETE de Lisboa, KBS de Nordhorn, ETAP de Viana do Castelo, ICT Piemonte de Turín e Lycée Louis Blériot de Trappes.

 

Proxectos eTwinning: