• ?
  • Rexistro

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2015

Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta cinco prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2015, subvencionadas polos programas Erasmus+.

O reparto de prazas e os destinos habituais son:

  • Cero prazas (a data de hoxe) para o ciclo medio: Empresas de Lisboa.
  • Unha praza para ASIR: Empresas de Lisboa.
  • Catro prazas para ASIR e DAM: varios destinos.

O alumnado de 2º ano en réxime ordinario que estea interesado debe solicitar formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe, desde novembro até febreiro (20 horas).

No caso de non obter bolsa Erasmus+, tamén é posible solicitar realizar a FCT no estranxeiro con financiamento propio e coa axuda da Consellaría de Educación.

O alumnado que teña unha bolsa do MECD asignada (chamadas erasmus.es), non teñen que cubrir esta solicitude.

 FAQ

 

Despois de enviar este formulario online, debe enviar o DNI escaneado e unha foto tipo CV por email ao enderezo erasmus@iessanclemente.net

Data límite: 26 de outubro de 2014.
Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net

Nota: O alumnado de ciclos a distancia e modular terá unha convocatoria no mes de xaneiro, para realizaren a FCT en outono de 2015.