• ?
  • Rexistro

VEREDICTO DO XURADO DO 9º CERTAME DE RELATO BREVE

Unha vez finalizado o prazo de presentación de traballos para o 9º Certame de relato breve, dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES San Clemente comprácenos anunciar o veredicto do xurado do mesmo, que é o seguinte:

1º premio (100 €): O sorriso de Aitana Novo Sanmiguel (alumna de 1º DAW Dual).
2º premio (75 €): Extracto do caso 843 de Clara de Asís García Dorado (alumna de 2º de Bacharelato).
3º premio (50 €): A radio de Odilo González Carnero (Profesor de informática).

Así mesmo, gustaríanos facer unha mención especial a dous membros da comunidade educativa do centro, Carme Otero Cruz e Antón Labraña Barrero, que, sempre fóra de concurso por decisión propia, non dubidan en facer a súa aportación nesta celebración das letras.

Parabéns a todas as persoas premiadas e moitas grazas en xeral a todos os participantes e profesorado implicado.

E, xa pora finalizar, lembrade que todos os traballos recibidos serán publicados en xuño na revista Rumbo.