VEREDICTO DO XURADO DO 37º CONCURSO LITERARIO

Pechamos o curso de concursos e certames co anuncio do veredicto do xurado do 37º CONCURSO LITERARIO convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente:

  • Na modalidade de prosa, os premiados son:
1º premio (100 €): “Unha ninguén” de Lorena Louzao Alonso (alumna de 2º de Bacharelato).
2º premio (75 €): “Solitarios ao anoitecer” de Noa Martínez González (alumna de 1º SMR).
  • E na de poesía:
1º premio (100 €): “Vida misteriosa” de Magda Rocío Parra Valencia (alumna da ESA).
2º premio (75 €): “Amarre” de Diana Ramos Torrado (alumna de 2º DAM).

Moitísimas grazas a todos aqueles e aquelas que tiveron a ben participar e, por suposto, parabéns ás persoas premiadas.

Como vén sendo habitual, os traballos serán publicados na revista Rumbo.