• ?
  • Rexistro

Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web. Oferta Modular

Familia profesional

Informática

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

  • Programador  web.
  • Programador  multimedia.
  • Desenvolvedor de aplicacións en contornos web.

Duración

Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc.   Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño.  Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro,  as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Oferta modular

Módulos de primeiro ano

Módulos Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Formación e orientación laboral 107
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Programación 240
Sistemas informáticos 186

Módulos de segundo ano

Módulos Horas
Desenvolvemento web en contorno cliente 157
Desenvolvemento web en contorno servidor 175
Despregamento de aplicacións web 88
Deseño de interfaces web 157
Empresa e iniciativa emprendedora 53

Despois de superados os módulos anteriores

Módulos Horas
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web 26
Formación en centros de traballo 384

Máis Información

Curso 2022/2023 Horario 1DAW Modular

Curso 2022/2023 Horario 2DAW Modular


https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

 Admisión e Matrícula
 Probas acceso a ciclos
 Validacións
 Currículos dos ciclos
 Formación en Centros de Traballo
 Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título