• ?
  • Rexistro

Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Oferta Modular

Familia profesional

Informática

Título que se obtén

Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/ora de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

Duración

Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc.   Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño.  Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro,  as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Oferta modular

Módulos de primeiro ano

Módulos Horas
Implantación de sistemas operativos 213
Planificación e administración de redes 213
Fundamentos de hardware 107
Xestión de bases de datos 187
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Formación e orientación laboral 107

Módulos de segundo ano

Módulos Horas
Administración de sistemas operativos 140
Servizos de rede e internet 140
Implantación de aplicacións web 122
Administración de sistemas xestores de bases de datos 70
Seguridade e alta dispoñibilidade 105
Empresa e iniciativa emprendedora 53

Despois de superados os módulos anteriores

Módulos Horas
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede 26
Formación en centros de traballo 384

Máis Información

Curso 2022/2023 Horario 1ASIR Modular

Curso 2022/2023 Horario 2ASIR Modular


https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

 Admisión e Matrícula
 Probas acceso a ciclos
 Validacións
 Currículos dos ciclos
 Formación en Centros de Traballo
 Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título