Ábrese unha nova convocatoria de cursos en aberto gratuítos na Aula Mentor correspondeente ao mes de novembro de 2023.
Prazo de matrícula: do 17 ao 30 de novembro.
Formato dos cursos: online.
Custo: gratuíto.
As prazas son limitadas, por rigorosa orde de inscrición, así que mellor darse présa antes de que se completen...
Xornada de primeiros auxilios curso 2023-2024
Organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, o xoves 9 de novembro, celebrouse no IES San Clemente unha xornada de Primeiros Auxilios, con charlas impartidas por membros de Protección Civil de Santiago de Compostela.
Durante as mesmas o alumnado dos ciclos de ASIR, DAW, DAM e SMR realizou prácticas...
Clube Novembro 2023
Clica aquí para accederes ao boletín mensual
Exames 1ª Avaliación Bacharelato de Adultos
Os exames da 1ª Avaliación do Bacharelato a Distancia do IES San Clemente celebraranse de xeito presencial os días 14 e 16 de novembro (2º Bacharelato) e os días 27 e 29 de novembro (1º Bacharelato).
Terán lugar no IES San Clemente e nos centros EPA de A Coruña, Ferrol,...
Exames 1ª Avaliación ESA C1
Os exames da Primeira Avaliación do 1º cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 10 de novembro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Casa da cultura A Cachada), Camariñas (Casa...
Galiciaskills 2023
Os días 25, 26 e 27 de outubro celebrouse en Silleda o 7º Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2023, campionato no que o IES San Clemente participou en dúas modalidades de competición:
Modalidade
Participante
Titoría
Administración de sistemas en rede
Érika Cacabelos Fernández
Bruno Vila Vilariño
Desenvolvemento Web
Ezequiel Soto Seoane
Cristina París Brandariz
Ezequiel Soto obtivo...
14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como vén sendo habitual por estas datas, o 14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO.
E como esperamos con gana a vosa participación, compartimos a continuación as súas BASES:
Poderá participar todo o alumnado do...
Job Shadowing 2023/2024
O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea.
Duración: 5 ou 7 días, viaxe incluída.
Finalidade: desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque...
Inicio dos cursos de especialización curso 23-24
Recordade:
Os cursos de especialización comezan o día 2 novembro.
Os cursos de especialización na modalidade semipresencial e a distancia desenvólvense desde a plataforma de Fp a distancia da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.
Desexámosvos un bo curso 2023-2024.
5º certame de cartazes do 25N
Con motivo da proximidade do 25N desde o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente promovemos como en anos anteriores un certame para a creación de cartaces conmemorativos desta data tan importante.
A tarefa que vos propoñemos consiste na creación dun cartaz coas seguintes características:
Tamaño: A3 vertical.
Resolución:...
Enlaces Rápidos




