• ?
  • Rexistro

12º Concurso de felicitacións de ano novo

12º Concurso de felicitacións de ano novo
12º Concurso de felicitacións de ano novo O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o 12º Concurso de felicitacións de Aninovo. Poderá participar todo o alumnado do centro (ESA, bacharelato e FP). Tema: "O Aninovo". As postais realizaranse en...

A viñeta de Schrödinger e a Nai dos desterrados

A viñeta de Schrödinger e a Nai dos desterrados
Dende o EDLG e o Obradoiro de igualdade queremos comunicarvos que están á vosa disposición na vitrina da planta 2 os novos exemplares da viñeta Schrödinger e tamén o fanzine Nai dos Desterrados, de Amnistía Internacional.

Edulingüe en Formación Profesional – 2021

Edulingüe en Formación Profesional – 2021
Inauguramos o ano lectivo 2021/2022 dos ciclos plurilingües SMR e ASIR, desenvolvendo a actividade "Edulingüe en Formación Profesional" dirixida ás familias do alumnado. Foi presentada polo coordinador PluriFP Marcos Vence e a xefa de estudos Cristina Seoane, e contou coa participación de Marcos Arias, Cristina Puga, nais, pais e alumnado...

Clube Tripé

Clube Tripé
Queres participar nun club de lectura de nova creación? Tres libros, tres temáticas, tres reunións. As actividades do Clube Tripé realízanse a distancia para garantir a igualdade de oportunidades na participación de todo o alumnado do IES San Clemente. As tres actividades principais son: Primeiro trimestre: lectura dun libro en lingua estranxeira. ...

Galiciaskills 2021

Galiciaskills 2021
O día 8 de outubro de 2021 celebráronse no IES San Clemente as dúas competicións do 6º Campionato Galego de Formación Profesional -  GaliciaSkills 2021 correspondentes á familia profesional de Informática e Comunicacións. Os participantes en cada unha delas foron os seguintes: Administración de sistemas en rede Presidente: Víctor Manuel Martínez...

O IES San Clemente acada un ouro no GaliciaSkills 2021

O IES San Clemente acada un ouro no GaliciaSkills 2021
Alumnos do IES San Clemente participaron no GaliciaSkills 2021 correspondentes á familia profesional de Informática e Comunicacións que se celebraron o pasado día 8 de outubro. Santiago Andrade Ferreiro quedou en 1ª posición na competición de Desenvolvemento web, e participará no SpainSkills 2021 que se celebrarán proximamente en Madrid. Por outro...

Difusión: Conferência da Comissão Temática da CPLP

Difusión: Conferência da Comissão Temática da CPLP
A Associação de Docentes em Português da Galiza publicou este artigo onde falan da materia Potugués 2LE no Bacharelato a Distancia do IES San Clemente: https://www.dpgaliza.org/portugues-multilinguismo-e-ensino-a-distanciaconferencia-da-comissao-tematica-da-cplp  

Prácticas no estranxeiro – 2022

Prácticas no estranxeiro – 2022
O IES San Clemente oferta prazas para realizar estudos e prácticas no estranxeiro, subvencionadas polo programa Erasmus+: Módulo de FCT. Prácticas extra curriculares (antes de finalizar o ciclo, xeralmente durante o verán). Mobilidade combinada de estudos e prácticas (só para SMR). Prácticas de recén titulado (durante un ano e...

Biblioteca PluriFP – 2021/2022

Biblioteca PluriFP – 2021/2022
Tedes ao voso dispor o catálogo de libros en portugués, inglés e francés de PluriFP. Podedes consultalo nese link se tedes unha conta @iessanclemente.net, en caso contrario podedes ver os libros dispoñibles nos estantes do corredor, ao lado da aula 23. Se queredes levar algún libro, pedídelle a un/unha profe...