Concurso Arre-Demo!

Desde o IES San Clemente estamos a celebrar o concurso Arre-Demo! de demos de videoxogos realizadas polo alumnado do CE de Videoxogos e Realidade Virtual do IES San Clemente, IES Muralla Romana (Lugo) e CIFP A Carballeira (Ourense) e o alumnado de DAM do IES San Clemente.

Para participar no concurso o único que hai que facer é xogar ás demos presentadas, e votar polas tres preferidas. As bases do concurso, listaxe de proxectos e proceso de votación están nesta ligazón:

Entre as persoas votantes, sortearase un vale de 50€ de steam, material bibliográfico ou informático. A votación estará aberta desde o 9 ao 22 de xuño.

O martes 24 de xuño ás 18:00 realizarase un acto público no IES San Clemente para a entrega de premios ás persoas creadoras das demos e o sorteo entre as votantes.