• ?
  • Rexistro

Mobilidade para estudos en Lisboa

Mobilidade para estudos en Lisboa
Os alumnos de 2SMR David Maceira e Félix Pardal están asistindo a clases de FP Informática no colexio INETE de Lisboa, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+. Ambos son alumnos da sección bilingüe en portugués SOR. Esta é a primeira vez que o IES San Clemente envía alumnos ao...

Convocatorias FCT no estranxeiro: Erasmus+ 2016 e previsión para 2017

Convocatorias FCT no estranxeiro: Erasmus+ 2016 e previsión para 2017
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta a posibilidade de realizar a FCT no estranxeiro coa subvención do programa Erasmus+. Formularios de solicitude: FCT Outono de 2016 Previsión para 2017 Criterios de selección  FAQ   Despois de enviar o formulario online, debe...

Selo de Calidade Europeo para o proxecto ZonaVET 0+1

Selo de Calidade Europeo para o proxecto ZonaVET 0+1
O proxecto eTwinning ZonaVET 0+1 vén de recibir o Selo de Calidade Europeo eTwinning. Destacamos a tarefa Creación da empresa EuroPescaVET, de alta complexidade e única en FP Informática a nivel europeo. Parabéns para todos e todas as participantes! Artigo en La Voz de Galicia

FCT no estranxeiro – Outono 2015

FCT no estranxeiro – Outono 2015
No fluxo de outono de 2015 participan seis alumnos do IES San Clemente: ASIR: Adrián Cabo en Dublín. DAM: José Manuel Rozas en Berlín; Luis Morais, Martín Galante e Álvaro Veiga en Dublín. DAW: Víctor García en Dublín. Todos teñen financiamento de "erasmus.es" do MECD. Dos seis alumnos, catro cursaron seccións bilingües en inglés.             Máis...

Projetos eTwinning de FP – 14 ideias

Projetos eTwinning de FP – 14 ideias
A Direção-Geral da Educação, do Ministério da Educação e Ciência de Portugal, edita a versión en portugués do libro Projetos eTwinning de FP - 14 ideias, unha iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia co patrocinio do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta...

Job Shadowing: Ano 2015-2016

Job Shadowing: Ano 2015-2016
O IES San Clemente oferta unha praza para realizar cinco días de Job Shadowing nun centro de FP fóra do estado español. Destinatarios: profesorado de ciclos superiores. Orzamento: segundo o país de destino, até 875 euros. Criterios de selección: - Preferentemente, profesorado que non participase anteriormente nun Job Shadowing. - En segundo lugar, calidade...

Formación en Lisboa: Xaneiro de 2016

Formación en Lisboa: Xaneiro de 2016
O IES San Clemente oferta dúas prazas para realizar dúas semanas de formación no colexio INETE de Lisboa. Destinatarios: alumnado de SMR. Datas previstas: do 4 ao 17 de xaneiro de 2016. Orzamento: 1 300 euros.   Criterios de selección: Preferentemente, alumnado de 2º SMR ordinario por cursar a sección bilingüe en portugués En segundo...

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2016, subvencionadas polo programa Erasmus+. O reparto de prazas e os destinos habituais son: Cinco prazas (que serán ampliadas) para o ciclo medio: Empresas de Lisboa...

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión
No día 23 de setembro de 2015 contamos coa presenza de Yolanda García López, ex alumna do IES San Clemente, que contou a súa experiencia en Lisboa ao alumnado do ciclo medio SMR. Yolanda realizou a súa FCT na capital lusa en primavera de 2015, por medio do proxecto...

Prácticas en Compostela: Jessica e Marcel

Prácticas en Compostela: Jessica e Marcel
Recibimos a Marcel e a Jessica, dous alumnos do colexio KBS de Nordhorn que están a realizar as súas prácticas de Auxiliar Administrativo en empresas de Compostela, por medio de Erasmus+ KA102. Na foto podemos velos con Cristina París e Susa Lastres, do equipo de coordinación de proxectos europeos do...