Spainskills 2026

Entre os días 24 e 28 de febreiro celebrarase o Campionato Nacional de Formación Profesional, Spainskills 2026, organizado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia estará representada por 37 persoas competidoras, que participarán en 30 modalidades de competición e 3 de demostración. As alumnas e alumnos participantes son as gañadoras e gañadores das medallas de ouro da 8ª edición do Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2025, celebrada o pasado mes de outubro. Entre eles atópase Martín Muíño Martínez, que acadou a medalla de ouro na modalidade de Administración de Sistemas en Rede.

Martín cursou no IES San Clemente os ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes e Administración de Sistemas Informáticos en Rede, e actualmente está a realizar o Curso de Especialización en Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información. Durante a competición estará acompañado polo seu titor, Víctor Manuel Martínez Taboada.

Dende o IES San Clemente queremos expresar o noso orgullo pola participación de Martín neste campionato e desexarlle moita sorte nesta experiencia, que supón un recoñecemento ao seu esforzo e dedicación.

Novas relacionadas: