No Centro Oceanográfico de A Coruña ofertan unha praza para titulados do CS de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
- As condicións da convocatoria pódense atopar na seguinte ligazón (praza EMPJOV26_COAC_B_3G_116).
- Desde a ligazón accédese á solicitude (CONVOCA) e a toda a descrición da convocatoria nos despregables Solicitudes e Situación da convocatoria, ambos en vermello ao final da páxina.
- O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles desde o día seguinte á súa publicación, desde o 26/01/2026 e ata o 06/02/2026, ambos inclusive.
- O contrato terá a duración dun ano e prevese que comece en abril de 2026.
Para calquera dúbida débese remitir unha mensaxe a calquera deste enderezos de correo electrónico:
- sandra.louzan@ieo.csic.es – Sandra Louzán (Xerente do Centro Oceanográfico de A Coruña e responsable do contrato)
- luz.garcia@ieo.csic.es – Luz García García (Directora do Centro Oceanográfico de A Coruña)




