Xornada de Primeiros Auxilios

Organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, o luns 13 de outubro celebrouse no IES San Clemente unha xornada de Primeiros Auxilios, con charlas impartidas por membros de Protección Civil de Santiago de Compostela.

Durante as mesmas o alumnado dos ciclos de ASIR, DAW, DAM e SMR realizou prácticas dos seguintes contidos:

  • Reanimación cardio-pulmonar (en adultos e bebés).
  • Manobra de Heimlich.
  • Posición Lateral de Seguridade.
  • Uso do desfibrilador semiautomático (DESA).

O noso agradecemento aos formadores Roberto, Marcelo e Antonio pola súa dedicación e bo facer, e pola súa paciencia e simpatía!

E lembrade, os primeiros auxilios salvan vidas!