• ?
  • Rexistro

Oferta de traballo para Especialista en Sistemas da empresa Imaxín Software

Resumo do Posto:
En imaxin|software, estamos na procura dun “Especialista en Sistemas” para fortalecer o equipo de tecnoloxía. Este profesional xogará un papel crave no deseño, implementación e mantemento dos sistemas da empresa, centrándose especialmente na administración de sistemas, a seguridade e brindando soporte técnico aos empregados. Ademais, participará activamente na implantación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS).

Responsabilidades Principais:

  1. Administración de Sistemas:
    • Participar no deseño, implementación e mantemento de sistemas eficientes, escalables e seguros.
    • Xestionar a administración de servidores, redes e bases de datos, inventario.
  2. Seguridade:
    • Participar na implementación e mantemento de prácticas de seguridade para protexer os sistemas e datos da empresa.
    • Participar na implantación e cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
  3. Soporte Técnico:
    • Brindar soporte técnico aos usuarios internos.
    • Colaborar na creación e actualización de documentación técnica e procedementos de soporte.
  4. Implantación do ENS:
    • Participar activamente na implantación do Esquema Nacional de Seguridade, asegurando o cumprimento dos requisitos establecidos.

Requisitos do Posto:

  1. Educación e Experiencia:
    • Grao Superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
    • Coñecementos en deseño, desenvolvemento e implementación de sistemas, cun enfoque na administración e seguridade.
  2. Coñecementos Técnicos:
    • Experiencia na administración de sistemas, servidores, redes e bases de datos.
    • Coñecemento de prácticas e ferramentas de seguridade.
    • Valorarase posuír experiencia na xestión e administración de contornas cloud, con preferencia por plataformas como AWS, Azure ou outras opcións relevantes. Habilidades na implementación, monitoreo e optimización de recursos en contornas de nube.
    • Valorarase familiaridade co Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
  3. Habilidades Interpersoais:
    • Habilidade para comunicarse efectivamente con equipos multidisciplinarios.
    • Capacidade para explicar conceptos técnicos de maneira comprensible.
  4. Xestión de Proxectos:
    • Experiencia na xestión de proxectos tecnolóxicos, desde a planificación até a implementación.
  5. Adaptabilidade e Resolución de Problemas:
    • Habilidade para adaptarse a contornas cambiantes e resolver problemas de maneira eficiente.

Competencias Adicionais (Desexables):
– Certificacións relevantes en administración de sistemas e seguridade informática.
– Experiencia na implementación de sistemas de intelixencia artificial.

Ofrecemos:
– Unha contorna de traballo dinámico e colaborativo.
– Oportunidades de desenvolvemento profesional e formación en ENS.

Si te identificas con este posto, envíanos o teu CV a: rrhh@imaxin.com