• ?
  • Rexistro

GaliMinho 2 – Premio Nacional eTwinning en España

Obrigado a todas as pessoas que colaboraram neste projeto e que contribuíram durante mais de dez anos a que o IES San Clemente seja referência internacional em quanto a projetos eTwinning em Ensino Profissional e a ensino da língua portuguesa em disciplinas CLIL.

A comunidade educativa do IES San Clemente está de parabéns!

GaliMinho 2 – Empreendedorismo na Eurorregião gañou o Premio Nacional eTwinning en España na categoría de Proxectos de Formación Profesional.

A primeira edición do proxecto gañara o Premio Nacional eTwinning 2016 en Portugal na mesma categoría, coa participación da sección bilingüe Fundamentos de Hardware en portugués.

Nesta segunda edición, o proxecto foi desenvolvido polo alumnado do ciclo Estrela PluriFP SMR coa coordinación de Marcos Vence e Catarina Reis, tendo como socia a profesora Adelina Moura do AE Carlos Amarante de Braga.

Hai máis de dez anos que o noso IES comezou a súa andaina en eTwinning e este é o segundo premio nacional que recibimos en España. Queremos agradecer sinceramente a todas as persoas que colaboraron desde o primeiro momento, dunha ou outra maneira, a que o IES San Clemente se convertese nun centro de referencia nas áreas de eTwinning en FP e ensino de Portugués en FP.