• ?
  • Rexistro

FH en portugués / Ciclo PluriFP SMR – Informe final 2019/2020

Informe da Secção Bilingue em Português Fundamentos de Hardware, do ciclo superior Administração de Sistemas Informáticos em Rede.

Durante o presente ano escolar, o módulo FH de 1ASIR cumpriu o quinto ano como sección bilingüe, utilizando o portugués como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, etc.

Estes foron os puntos indicados na memoria desta sección bilingüe:

Aspectos positivos:

  • Fixemos un exame modelo do CAPLE-FLUL. 22 aprobados de 22 candidatos: 19 B1 e 3 A2. O segundo exame, de marzo, non puidemos facelo por mor do confinamento.
  • 15 estudantes van realizar o exame de certificación de nivel B1 en xullo e setembro, no CAPLE, coa axuda económica do IES.
  • 2 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Portugal.
  • Proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 co AE Carlos Amarante (entre outros), un centro de FP Informática de Braga. Substituímos a visita á escola socia por un kahoot.

Propostas de mellora:

  • Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.
  • Que a Consellaría pague as taxas dos exames oficiais de LE do alumnado, tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo.

 

Balance do segundo ano do Ciclo Bilingue em Português Sistemas Microinformáticos e Redes, cuxos módulos Aplicações Ofimáticas e Aplicações Web foron impartidos en lingua estranxeira.

Ademais, concluímos o primeiro Ciclo Estrela PluriFP SMR, cos módulos AO e AW impartidos integramente en portugués e traballando en asociación cun centro homólogo de Braga: AE Carlos Amarante. Os resultados continúan a ser parciais (ver informe do ano pasado) por mor do confinamento e iremos actualizalos en xaneiro de 2021.

En canto ao novo ciclo que comezou en 1SMR, a formación do alumnado continuará no próximo ano. Estes son os resultados parciais a día de hoxe:

  • Exames modelo do CAPLE-FLUL. 23 aprobados de 23 candidatos: 22 B1 e 1 A2.
  • 13 alumnos van realizar o exame de certificación de nivel B1 en setembro, no CAPLE, coa axuda económica do IES. O resto ten pensado facelo en novembro de 2020 ou maio de 2021.
  • 6 mobilidades Erasmus+ para estudos en Braga, Viana do Castelo e Lisboa.
  • 10 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Braga, Covilhã e o Porto (alumnado de 1SMR e 2SMR).
  • Proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 co AE Carlos Amarante (entre outros), un centro de FP Informática de Braga. Substituímos a visita á escola socia por un kahoot.
  • Resumo dos traballos realizados en AO en portugués (non se realizou por mor do confinamento).
  • Outras accións relacionadas co ciclo PluriFP: reunión coas familias / Rumo ao B1

 

Máis información:

  • Aulas de Português antes e durante o confinamento.
  • O equipo docente do centro participa no Plan de Formación Permanente do Profesorado vinculado aos ciclos Estrela PluriFP, desenvolvendo estes resultados finais.
  • Propostas de mellora: Que a Consellaría organice e financie os exames de certificación de Portugués (tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo) da mesma maneira que está a facer cos de Inglés e Francés. Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación (por exemplo, ao PFPP vinculado ao ciclo Estrela PluriFP) e á plataforma eTwinning Live.
  • Actualización 29/10/20: Resultados dos exames oficiais de portugués – Setembro 2020