• ?
  • Rexistro

Edulingüe en Formación Profesional – novembro 2019

O 19 de novembro de 2019 desenvolveuse a actividade «Edulingüe en Formación Profesional» dirixida ás familias do alumnado do ciclo plurilingüe SMR.

Foi presentada polo xefe de estudos do IES, Rafael Paradela, e contou coa participación de Marcos Vence, Catarina Reis e nais e pais de quince alumnos.

 

 

Falamos, entre outras cousas, do programa de plurilingüismo do centro, da participación en proxectos eTwinning co AE Carlos Amarante de Braga, dos exames de certificación do nivel de portugués e das prácticas e estudos no estranxeiro, no marco do programa Erasmus+.