• ?
  • Rexistro

Prácticas extra curriculares para 2SMR en Edimburgo – Verán 2017

O alumnado de 2SMR de ordinario pode solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar un mes de prácticas extra curriculares en Edimburgo, no verán de 2017.

  • Datas previstas: 30 de xuño a 28 de xullo.
  • Importe aproximado da bolsa: 1600 euros.
  • Número de prazas: unha.
  • O IES contrata un seguro privado de accidentes, responsabilidade civil e sanitario.
  • Data límite de solicitude: 15 de abril de 2017.
  • Selección: as bolsas concédense atendendo aos criterios de selección publicados.

Solicitude: por correo electrónico a erasmus@iessanclemente.net co CV Europass, fotografía tipo carné e DNI escaneados.