• ?
  • Rexistro

Actitudes e habilidades para o éxito

No 20 de febreiro de 2017 o alumnado de 1ASIR asistiu a unha actividade formativa organizada pola Consellaría de Educación, no marco do programa Lanzadeiras Coruña, de Eduemprende (varios alumnos de 1º e 2º de ASIR están a traballar nun proxecto eTwinning que fai parte deste programa).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A actividade “Actitudes e habilidades para o éxito”, desenvolveuse no CIPF Politécnico de Compostela. As actitudes traballadas en formato obradoiro foron: Optimismo para converter os problemas en oportunidades, creatividade para buscar solucións diferentes que se adapten aos novos retos e liderado para aprender a traballar en equipo exercendo un novo estilo de liderado.

Máis información sobre o proxecto eTwinning Green Spots in Town