- Actualizado a 06.10.25
O programa europeo Erasmus+ financia a realización de prácticas (FCT, FEOE, extra curriculares e de recentemente titulados) e estudos (só para SMR) no estranxeiro.
Requisitos básicos para gozar dunha bolsa Erasmus+
- Manter unha actitude positiva coa filosofía de internacionalización do centro e un comportamento correcto co profesorado e co resto do alumnado.
- Acreditar un coñecemento da lingua do país de destino ou do inglés suficiente para poder comunicarse na empresa ou institución de acollida, e un nivel de coñecementos técnicos suficiente para poder realizar as tarefas que se lle asignen.
- Os alumnos/as deberán solicitar coa antelación suficiente, a través do seu titor ou titora, o visto bo do equipo docente, que valorará a súa actitude, motivación, expectativas, traballo en equipo, e a non coincidencia da estadía coas actividades lectivas.
Prioridades para a asignación de bolsas Erasmus+
1º – Alumnado que realice a FCT ou FEOE.
2º – Prácticas extra curriculares.
3º – Prácticas de estudante recentemente titulado (Nota 1: durante o ano seguinte desde a data de finalización do ciclo; Nota 2: o alumnado recentemente titulado en ciclo medio non pode solicitar estas prácticas se está matriculado nun ciclo superior).
Selección de participantes
Se, tras aplicar os criterios anteriores, fose necesario realizar selección, asignarase unha puntuación máxima de 10 a cada participante en base ao seguinte:
- Expediente académico: 3 puntos.
- Competencia lingüística (no idioma oficial ou de traballo do país de destino) : 3 puntos
- Certificado A1: 0,5 puntos
- Certificado A2: 1 punto
- Certificado B1: 1,5 puntos
- Certificado B2: 2 puntos
- Certificado C1: 2,5 puntos
- Certificado C2: 3 puntos
- Non ter gozado previamente dunha bolsa Erasmus+: 2 puntos
Máis información sobre Erasmus+
Preguntas frecuentes