• ?
  • Rexistro

Prácticas para recén titulados no Porto

O ex alumnado de ciclos superiores do IES San Clemente ten a oportunidade de realizar un período de prácticas extra curricular para recén titulados nunha empresa do Porto, con incorporación inmediata ou en época de verán.

As tarefas están relacionadas coa instalación, reparación e configuración hardware e software ou coa creación e edición de websites.

As persoas interesadas deben enviar o seu CV en portugués, en formato Europass a erasmus@iessanclemente.net e poden optar a unha bolsa Erasmus+