• ?
  • Rexistro

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016

Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2016, subvencionadas polo programa Erasmus+.

O reparto de prazas e os destinos habituais son:

  • Cinco prazas (que serán ampliadas) para o ciclo medio: Empresas de Lisboa ou outras cidades de Portugal.
  • Catro prazas para ASIR e DAM: calquera destino (Lisboa, Dublín, Berlín, Londres, etc).

O alumnado de 2º ano en réxime ordinario que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe, desde novembro até febreiro (20 horas).

No caso de non obter bolsa Erasmus+, tamén é posible solicitar realizar a FCT no estranxeiro con financiamento propio e coa axuda da Consellaría de Educación.

O alumnado que teña unha bolsa do MECD asignada (chamadas erasmus.es), non teñen que cubrir esta solicitude.

Formulario de solicitude (É preciso iniciar sesión coa conta de iessanclemente.net)
 FAQ

 

Despois de enviar este formulario online, debe enviar o DNI escaneado e unha foto tipo CV por email ao enderezo erasmus@iessanclemente.net

Data límite: 25 de outubro de 2015.
Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net

Nota: O alumnado de ciclos a distancia e modular terá unha convocatoria no mes de xaneiro, para realizaren a FCT en outono de 2016.