• ?
  • Rexistro

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2014

Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente convoca oito prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2014, subvencionadas polos programas Leonardo da Vinci e Erasmus.

O reparto de prazas e os destinos habituais son:

  • Catro prazas para o ciclo medio: Empresas de Lisboa.
  • Catro prazas para ciclos superiores: Principalmente empresas de Dublín. Consultar outros posibles destinos como Alemaña ou Portugal.

O alumnado de 2º ano en réxime ordinario que estea interesado debe solicitar por escrito formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe, desde novembro até febreiro (20 horas).

 

A solicitude entrégase na oficina. Data límite: 25 de outubro de 2013.
Poden consultar calquera dúbida por email: mvence@edu.xunta.es

Nota: O alumnado de ciclos a distancia e modular terá unha convocatoria no mes de xaneiro, para realizaren a FCT en outono de 2014.