eTwinning

eTwinning naceu en 2005 como a iniciativa máis importante do Programa de aprendizaxe eLearning da Comisión Europea e dende o 2014 forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, xuventude e deporte.

etwinningO profesorado dos países participantes pódese inscribir e utilizar as ferramentas web de eTwinning para atoparse, coñecerse virtualmente, intercambiar ideas e prácticas, formar grupos, aprender xuntos nos encontros didácticos e traballar en proxectos.

Por décimo quinto ano, o noso centro foi galardoado co Selo de Calidade, nesta ocasión polo excelente traballo realizado no proxecto “Um tripé para o meu e-book 3”.

Concedéronos o Selo de Centro eTwinning durante cinco anos consecutivos (2018 a 2022) como recoñecemento ao traballo colaborativo do equipo docente.

Tamén obtivemos outros premios: eLearning Awards 2010competición nacional eTwinning España 2011competición europea eTwinning 2013 e competición nacional eTwinning España 2020.

Estes premios supoñen un recoñecemento do traballo do profesorado e do alumnado dos ciclos DAI, DAM, SMR e ASIR do IES San Clemente.

Alén diso, o instituto participou activamente na labor de difusión e asesoramento da Embaixada eTwinning Galicia durante 14 anos.