Protección de datos – Erasmus+

Responsable do tratamento

  • IES San Clemente, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Xunta de Galicia.

Por que e para que tratamos os seus datos:

  • Os datos úsanse unicamente para xestionar as mobilidades no estranxeiro.
  • O seguimento do alumnado forma parte da xestión. Rexístrase, incluíndas as transcricións das conversas telemáticas, no TwinSpace privado de eTwinning, con acceso restrinxido aos membros do proxecto.
  • Publícanse os nomes e as fotografías do alumnado participante na web do centro e no blog, con eco nas redes sociais, cumprindo o compromiso contractual de difusión coa Axencia Nacional.

Duración

  • Os datos serán almacenados unicamente o tempo requirido polo programa Erasmus+.

Reciben parte dos datos persoais do alumnado participante as seguintes institucións:

  • A empresa coa que se contrate o seguro de coberturas da mobilidade.
  • Empresas e institucións no proceso de busca de destino das mobilidades (CV do alumnado participante).
  • Empresa ou institución de acollida, durante o período da mobilidade.
  • SEPIE: Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (Axencia Nacional Erasmus+).
  • Plataformas da UE: Beneficiary Module do Erasmus+ and European Solidarity Corps e OLS.

Dereitos do alumnado

  • Para calquera consulta ou acción en relación á protección de datos (dereito de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e de non ser obxecto de decisións individualizadas) pode dirixirse a erasmus@iessanclemente.net ou ao IES San Clemente cuxo enderezo é: Rúa San Clemente s/n – 15705 Santiago de Compostela.