• ?
  • Rexistro

Galería Virtual – Dúas illas – docentes

PatrocinadoresObras da exposición Dúas illas, realizadas por docentes de Galiza, Madrid, León, Xaén, A Rioxa, Creta, Colombia, Ecuador, México e Brasil.

Galería virtual – Dúas illas – alumnado
Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade
Proxecto Exposicións enREDadas

 

 

1 – Un paraíso na terra – Sandra Patricia García Becerra, Bogotá, Colombia.

Illa de Chrysí, un paraíso na terra.

2 – Refuxio – Luisa Pillacela Chin, Cuenca, Ecuador.

Esta obra garda relación cos acontecementos que actualmente se suceden nas costas gregas, especialmente nas illas, onde chegan refuxiados procedentes de Siria e outros enclaves de conflito. Moitas das illas presencian o éxodo.

3 – Emigrar – José Luis Crespo Fajardo, Cuenca, Ecuador.

A composición transmite a idea da emigración. Os habitantes de Galiza e, en concreto, da Arousa, foron tradicionalmente emigrantes en América Latina. É un tema que me toca moi de cerca porque hai tres anos que
emigrei a Ecuador, xa que en España non podía gañar a vida por falta de oportunidades.

4 – Indicador – Carlos Álvarez Cuenllas, León, España.

A imaxe mostra fauna e paisaxe das dúas illas, pero transformadas. O sinal amosa “dúas illas” como un posible destino para viaxeiros.

5 e 6 – Mouras e moiras – Mónica Montero Parcero, Ribeira, Galiza.

Na mitoloxía galega as MOURAS son seres fantásticos con poderes sobrenaturais. As lendas describen estes seres como doncelas novas de grande beleza ou encantadoras princesas “perigosamente sedutoras”. Aparecen frecuentemente cantando e peiteando os seus longos cabelos, louros como o ouro ou negros como a noite, cun peite de ouro, e prometen tesouros a quen as libere do encanto. As mouras poden desprazarse polo aire levando enormes pedras megalíticas na cabeza, ao mesmo tempo que fían coa roca ou levan un neno no colo ao que aleitan se ten fame.

Na mitoloxía grega tres mulleres, as MOIRAS determinaban o destino dos deuses e dos seres humanos. Tres irmás encargadas de fabricar, tecer e cortar o fío da vida de todos os individuos. As moiras usan a Roda da Fortuna que é o tear, para tecer estes fíos.

Dúas culturas: atlántica e mediterránea. Dúas mitoloxías: galega e grega. Dúas illas: Arousa e Chrisy

Porén, moiras e mouras están máis cerca do que aparentan. Existen vínculos. Fíos de prata delicadísimos que unen estes seres míticos. De feito, aínda que hai moitas teorías sobre a orixe etimolóxica da palabra moura. especúlase con que o termo poida derivar da palabra grega “moira” (μοίρα), que literalmente significa “destino” e, polo tanto, das moiras. Unhas e outras tecen. A roca e o fuso son elementos definitorios de mouras e moiras.

Pero onde os vínculos son claros é na nosa imaxinación. ELA, a tola da casa, que posúe grandes ás, lévanos a un espazo sen tempo, unha sociedade matriarcal onde a deusa, Magna Mater, goberna a vida toda. Mouras e moiras son manifestacións diversas dunha crenza primixenia, dun principio feminino único vinculado á natureza. E quen sabe? Se cadra non imos tan desencamiñados/as.

Máis, sobre mouras e moiras: tinyurl.com/mourasemoiras

7 – Pegadas – Ana Hernández Revuelta, Madrid, España.

Pegadas, illas, rochas, area e mar… Mestura de pasos entre illas, de pegadas entrelazadas fundidas no mesmo mapa. Sorte dun camiño por debuxar… “Son as túas pegadas o camiño, nada máis…”

8 – Viaxe e emigración – María Sourgiadáki, Ierápetra, Creta, Grecia.

Os símbolos de liberdade. O mesmo paxaro pode voar dunha illa a outra. Pero a xente? Pode viaxar libremente dun país a outro?

A beleza da natureza. Os elementos das dúas illas invaden a miña mente.

E a nosa sociedade? Onde está a esperanza e o espírito do ceo azul? A escuridade está a expandirse…

9 – Libérame! – María Sourgiadáki, Ierápetra, Creta, Grecia.

Xogando coa forma dunha illa que descubrín recentemente, apareceu unha rapariga. Estaba aterrorizada. “Libérame!”, dicía… Quero liberdade e esperanza para toda a xente.

10 – Golfiño – Raúl Albanece, Gualeguaychú, Arxentina.

Pensar en illas é pensar no mar. Pensar no mar é pensar, entre outras cousas, en golfiños. Pensar en Creta é pensar en golfiños, os golfiños do palacio de Knossos.

11 – As crebas – Helga Correa, Santa Maria, Brasil.

Composición con restos atopados nunha illa.

12 – Os faros e as súas historias – Juan Ramón Fernández Puñal, Xaén, España.

Na actualidade, o faro que se atopa no oeste da illa de Chrysí e o faro de Punta Cabalo na Arousa, son elementos vivos e moldeables con capacidade de adaptarse aos tempos actuais. Convertéronse nunha figura indispensable na iconografía marítima local, facendo que a súa inexistente luz atraia persoas que redescobren estes espazos cheos de nostalxia e encanto.

13 – O faro – Charo Bañobre, Arousa, Galiza.

No punto de mira, centrándonos, atopamos a luz que nos guía.

14 – As miñas barquiñas – Charo Bañobre, Arousa, Galiza.

Embarcándonos nas augas de Arousa.

15 – O mar – Charo Bañobre, Arousa, Galiza.

O mar, o sustento da vida.

16 – Brinde polas procesións das illas enREDadas – Montserrat Ansótegui Rodríguez, Logroño, A Rioxa.

Illas enREDadas, Arte, Pensamento, Mar, Cor, Debuxo, Vida, Creatividade, Terra, Multidisciplinar, Visual, Reflexión, Experimento, Alma, Plástica, Enredada, Beleza, Proceso, Intercambio, Rexistro, Fantasía, Creación, Exposición, Natureza, Expresividade, Percepción, Concepto, Achega, Vivencia, Contorno, Interacción, Artista, Procura, Participación, Contexto, Implicación, Comunicación.

17 – Sabor salgado – Gilberto López, Nayarit, México.

Os teus bicos fóronse como espuma de mar.
As túas palabras ancoradas, ficaron no meu ser.
Mais foi un triste sabor salgado
o que deixou a túa ausencia na miña pel.

18 – Fraseoloxía carcamana – Mar Barral Núñez, Carril, Galiza.

Expresión da linguaxe a través da cerámica: frases de uso coloquial na Arousa.
tinyurl.com/duasillas-fc

19 – Talasonimia da Arousa – Mar Barral Núñez, Carril, Galiza.

Expresión da linguaxe a través da cerámica: toponimia marítima da Arousa.
tinyurl.com/duasillas-ta

20 – Dicionario de ausencias – Mar Barral Núñez, Carril, Galiza.

Expresión da linguaxe a través da cerámica: palabras usadas acotío na Arousa, non recollidas na norma oficial do galego.
tinyurl.com/duasillas-da