• ?
  • Rexistro

Galería Virtual – Dúas illas – alumnado

PatrocinadoresObras da exposición Dúas illas, realizadas por alumnos e alumnas de tres centros diferentes:

  • Alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Sestelo-Baión coa colaboración de Esperanza Doval, profesora de Educación Artística.
  • Alumnado de FP arquitectura paisaxística do 1º EPAL de Ierápetra, Creta.
  • Alumnado do IES da Illa de Arousa.

Galería virtual – Dúas illas – docentes
Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade
Proxecto Exposicións enREDadas

 

 

1 – Ponte SBSB – Sonia Santamaría, Sara Novás, Beatriz Rodríguez, Brais Torre.

Esta ponte facilitou o medio de transporte. Antes, a xente tiña que ir en barco, gastar diñeiro e tardaban moito. Desde a ponte tes unhas vistas marabillosas da ría.

2 – A ponte polo día – Ángel Vila.

A ponte desde lonxe.

3 – Vistas traseiras – Xerome Vence.

Esta é a parte traseira da illa, onde se ve un con (que é unha rocha), o faro, as praias, o bosque, unhas cunchas, bateas e un arroás.

4 – Un día na praia – Javier Pérez, Pablo Rial.

Un bo día de praia na Illa de Arousa.

5 – A Illa de Arousa á nosa maneira – Sabela Torre, Olalla Otero, Martina Jueguen.

Esta é a nosa illa… e á nosa maneira. Na realidade a Illa de Arousa ten forma de 7, pero a nosa é así. Ten praias, camiños de area e herba, unha palmeira, un barco e pedras polo mar.

6 – A noite na Illa de Arousa – Elisa Tourís, Yoel Varela.

Na Illa, cando é de noite, podes ver moitas cousas: estrelas, luces de moitos tipos, etc. Hai praias extensas e ás veces lanchas. Tamén podes ver as ondas bater coas pedras. A Illa de noite é fermosa! Se podes ir vela, encantarache.

7 – Galiesfera – Lía Pérez, Andrea Rial.

Presentación da Illa: lugar de moito marisco, paisaxes verdes e… praias relaxantes.

8 – O clube do faro – Diego Poza.

Esta é unha representación do faro da illa e tamén do marisco e das praias que hai na zona.

9 – Os golfiños saltareiros – Alexis Buezas, Alejandro Márquez.

Unha praia da Arousa vista dende o ceo. Hai dous golfiños brincando por riba de dúas bateas.

10 – As xoubas – Sandro Iglesias.

No mes de maio, as xoubas achéganse ás illas.

11 – Todo mesturado – Giannis Paterakis.

O mar, a natureza, o sol e o ceo nocturno das dúas illas, todo mesturado.

12 – Pantasma – Nadia Kritikaki.

Un home atormentado por unha pantasma. As preocupacións do noso subconsciente poden aparecer en calquera lugar.

13 – Dúas flores – Giannis Tzaris

Dúas illas, dúas flores:
Romulea clusiana da Arousa e Pancratium maritimum de Chrysí, combinadas nunha soa flor.

14 – Riasón – Miriam Rial.

Manter as nosas praias limpas, é traballo de todos.
Vídeo sobre os microplásticos.

15 – Despois do temporal – Noa Núñez.

O temporal fai que o mar volva ao seu sitio e reclama o que lle comemos no pasado.

16 – Beleza – Sergio Cañón Otero.

A beleza da natureza está no coidado da nosa terra.

17 – Waterwatchers.

Dani Acosta, Asier Otero, Carlos Pouso, Sandra Vázquez, Sabela Suárez, Iago Romero, Fátima Álvarez, Sandra Vázquez, Sergio Falcón, Manuel Antonio García.

Praias de Gradín, Espiñeiro, Bao, Conretellado, Cabodeiro, Sapeira, Semuíño, Riasón e Aguiúncho.

Selección de carteis creados por este grupo de alumnos e alumnas do IES da Illa de Arousa.
“A nosa loita é deixar as costas libres de lixo. Crear conciencia e actuar localmente. Ese é o motor do cambio.”