• ?
  • Rexistro

Corpo europeo de solidariedade

Esta nova iniciativa da Unión Europea ofrece oportunidades de solidariedade para xoves entre os 18 e 30 anos, baixo o formato de voluntariado, prácticas ou traballo. Pode tratarse dunha boa oportunidade para aprender linguas e ampliar o CV.

“Poderán axudar a ONGs participando en proxectos nas áreas de educación, saúde, integración social e integración no mercado de traballo, asistencia na distribución de alimentos, construción de refuxios, acollemento e integración de inmigrantes e refuxiados, protección do medio ambiente e prevención de catástrofes naturais.”

 

Ten a vertente de voluntariado, ofrecendo aos xoves a oportunidade de facer servizo voluntario a tempo completo por períodos de dous a doce meses, e a vertente profesional, que irá proporcionar oportunidades de emprego, formación ou prácticas, por un período mínimo de catro meses.

Extracto da FAQ:

“Los voluntarios no percibirán remuneración alguna, pero sí otros tipos de ayuda que dependerán del programa de la UE que financie la actividad: en general, transporte de ida y vuelta al proyecto, alojamiento, comidas, seguro médico y algo de dinero de bolsillo para sus gastos de estancia.

Los jóvenes contratados a través de la vertiente ocupacional del Cuerpo Europeo de Solidaridad tendrán contrato de trabajo y se les remunerará de manera acorde con la normativa salarial y los convenios colectivos vigentes en el país correspondiente.”

Máis información e inscrición