• ?
  • Rexistro

III Concurso de Postais de Aninovo

Fallo do xurado do III Concurso de Postais de Aninovo, formado por membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente: Galería e premios da convocatoria de 2012 Edicións anteriores: Galería e premios da convocatoria de 2011 Galería e premios da convocatoria de 2010

III Concurso de Postais de Aninovo

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o III Concurso de Postais de Aninovo, con premios de 100, 75 e 50 euros en material escolar ou informático. Máis información: Bases do concurso Galería e premios da convocatoria de 2011 Galería e premios da convocatoria de 2010

Probas libres do Bacharelato

Hoxe día 8 de novembro saíu publicada a lista provisional de cualificacións. As reclamacións poderán realizarse os días 9,10 e 12 de novembro. A publicación definitiva de notas será o día 19 de novembro. Toda a documentación relativa a este proceso estará á vosa disposición nas oficinas do IES San Clemente.

Eleccións ao Consello Escolar.

Unha vez realizado o sorteo público, e determinadas as persoas que deben participar na xunta electoral, esta se constituirá o mércores, día 7, as 12 horas.

Magosto 2012

Magosto 2012
No mércores 31 de outubro tivemos unha serie de actividades relacionadas co Samaín e o Magosto. Anuncio Gañadores do concurso de cabazas   Gif animado de Luis Martínez Paz, 1ºSMR

Premio para o proxecto Pek#3

Premio para o proxecto Pek#3
O proxecto eTwinning Pek, a Pulga Viaxeira #3 gañou o Selo Europeu para as Línguas e o Selo de Calidade Europeo eTwinning. Parabéns para os alumnos participantes do IES San Clemente, que actualmente cursan 2ºSMR.