Exames Finais ESPA C2 Extraordinaria

Os exames da convocatoria Extraordinaria terán lugar o venres 19 de xuño de forma presencial no IES San Clemente e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas) , Verín (IES García Barbón), e en Vigo (EPA Berbés).

Horario dos exames:

  • 9,30 a 10,30 – Ámbito Social
  • 10,45 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
  • 12,15 a 13,45 – Ámbito de Comunicación

O alumnado que teña dous Ámbitos de distintos niveis na mesma sesión avisará ao profesorado do San Clemente ao chegar e poderá dispoñer de máis tempo.

Na convocatoria extraordinaria, as cualificacións serán publicadas o 23 de xuño. No Calendario ESPA pódense consultar as datas de revisións e reclamacións.

As cualificacións publicaranse na seguinte ligazón. Para poder solicitar a copia do exame, o alumnado enviará a Solicitude copia exame cuberta ao profesor ou profesora do Ámbito e curso obxecto da solicitude e, igualmente, achegará a copia do seu DNI, NIE ou pasaporte escaneada a través do correo da aula virtual ou a través do ies.sanclemente@edu.xunta.gal