IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

informática

novas

Visita a exposición Historia da informática na USC

O luns 30 de outubro o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma de réxime ordinario e 1º ano do Ciclo Superior de Administración de Sistemas en Rede de réxime modular do IES San Clemente visitou a exposición sobre a Historia de Informática na USC na sala multiusos da Escola de Fonseca.

Foron acompañados á visita polo xefe do Departamento de Informática, Emiliano Gómez, e os profesores Víctor M. Martínez e Mª Jesús Rego. Agradecen ao profesor José Ángel Docobo a súa colaboración para poder realizar a visita e a Sito Quintela, da Área de Técnoloxías da Információn e das Comunicacións da USC, polas súas explicacións durante a visita.

Galería de fotos con imaxes da visita.