• ?
  • Rexistro

Nova app da Aula Virtual de BAC e ESAD para Android

Coa nova aplicación do IES San Clemente para dispositivos móbiles Android:

  • Accede á Plataforma educativa do IES San Clemente desde o teu dispositivo móbil (teléfono ou tablet).
  • Consulta ou descarga os documentos, tarefas, cuestionarios, etc. das materias que esteas a cursar en Bacharelato ou ESA a Distancia.
  • Visualiza os vídeos das clases creados polo profesorado do centro.
  • Contacta de forma directa co teu profesorado e permanece en contacto cos teus compañeiros/ as de curso.
  • Recibe notificacións instantáneas (push) e mantente informado/a das actualizacións do profesorado ou novas entradas na bandexa de entrada do teu correo do centro.
  • Consulta as túas cualificacións cando sexan publicadas.

Descarga a app desde aquí