• ?
  • Rexistro

Resolución do XXVII Concurso Literario do IES San Clemente

O xurado do XXVII Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios. Modalidade relato: 1º premio (100 €): Flores no estrume, de Rita Barreiro Ferreira (2º BACH) Modalidade poesía: 1º premio (100 €): Estrutura, de Xacobe Gómez Vázquez (DAM 1) 2º premio (75 €): Soños dun mariñeiro, de Enrique Manuel Moure González (2º SMR)

Listaxe definitiva de admitidos na proba libre da ESO

Hoxe publícase a listaxe definitiva de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Listaxe definitiva Exencións Lingua Galega      

Listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos

Hoxe publícase a listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Contra esta listaxe poderase presentar unha reclamación entre os días 25 e 29 de abril mediante instancia dirixida á Presidenta do tribunal.PROBA LIBRE...

Vacacións de semana santa

O centro non terá actividade lectiva do 14 o 21 de abril. As oficinas abrirán o 14, 15 e 16 de 9 a 13.

Urxente! – Erasmus+ 2014/2015

Para alumnado de ciclos superiores interesado en realizar a FCT no estranxeiro durante o ano escolar 2014/2015. No artigo FCT no estranxeiro: preguntas frecuentes podedes ver que o Ministerio de Educación aporta unha axuda adicional de 100 euros/mes. O prazo para solicitar esta axuda é até o 23 de abril, no seguinte...