• ?
  • Rexistro

Certame MatematicARTE – Fallo do xurado

A exposición enREDada MatematicARTE organizada o pasado ano lectivo polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, derivou neste ano no Certame de Fotografía MatematicARTE, liderado polos departamentos de Artes Plásticas e Matemáticas, coa colaboración do EDLG.

Este é o fallo do xurado:

Primeiro premio (100 euros): Violeta Prieto Álvarez (1Bach Ciencias)

  • Descritores: Troncos. Lago Castiñeira (Pontevedra).
  • Contido matemático: Formas concéntricas.
  • Lema asociado: Aneis.
  • Xustificación do lema: Dende a abraiante orixe da creación até os humildes restos do tronco dunha árbore derrubada, a natureza ábrese camiño. É quen de renacer en mil e unha formas xeométricas recreando os nosos sentidos e espertando a nosa imaxinación co máis puro arte.

“Vexo en calquera lugar na natureza, por exemplo nas árbores, capacidade de expresión, e, en certo modo, unha alma” (Vincent Van Gogh).

Segundo premio (50 euros): Antía Meijide Giadás (2Bach Artes)

  • Descritores: Palco da música, alameda de Santiago de Compostela.
  • Contido matemático: Danza de formas xeométricas.
  • Lema asociado: Natureza viva vs natureza morta.
  • Xustificación do lema: Inspiradora combinación da pedra que contrasta coa calidez da vexetación que enche de vida o seu perímetro. As sombras e os claros confírenlle aínda máis beleza á composición, e á vez que a dotan dunha atmosfera lixeiramente inquietante.

Terceiro premio (50 euros): Verónica Amado Figueredo (2Bach Humanidades)

  • Descritores: Paisaxe. Illa da Ons.
  • Contido matemático: Xeometría fractal.
  • Lema asociado: Natureza.
  • Xustificación do lema: Xeometría da Nai Natureza nunha Galiza infinita.

Accésit (30 euros): Eloy Portas Alcalde (1Bach Ciencias)

  • Descritores: Mandala, San Amaro (templo budista), Ourense.
  • Contido matemático: A definición matemática do mandala como círculo é sinxela: é a suma de todos os puntos que están á mesma distancia dun punto medio.
  • Lema asociado: Área.
  • Xustificación do lema: Mandala é unha palabra de orixe sánscrito, o idioma clásico da India, que literalmente significa“círculo” e representa un aspecto airado que pretende eliminar os obstáculos que afectan ao ser humano.