• ?
  • Rexistro

Día de Europa 2023

Día de Europa 2023
O alumnado dos ciclos PluriFP SMR e ASIR (ambos en portugués) celebraron o Día de Europa & eTwinning Day visitando Viana do Castelo e realizando unha videoconferencia cun centro socio de Sintra no contexto do proxecto SOLE.

Actividade de 1ASIR en Viana – 2023

Actividade de 1ASIR en Viana – 2023
O alumnado e profesorado do ciclo PluriFP ASIR,  desprazáronse a Viana do Castelo para coñecer a cidade, visitar a basílica e a Citânia de Santa Luzia e percorrer durante dúas horas o interior do navío Gil Eannes acompañados por un guía que explicou en portugués cales eran as funcións...

Xornadas de Empregabilidade 2022-2023

Os días 21, 24 e 26 de abril tiveron lugar as Xornadas de Empregabilidade, organizadas polo departamento de Formación e Orientación Laboral e dirixidas a todo o alumnado de FOL do centro. Contouse coa participación das seguintes relatoras: Verónica Rodríguez Ruzo, asesora de Promove Consulting. Impartiu unha serie de obradoiros participativos...

Reclamacións 2º Bacharelato maio 2023

A Circular 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da ORDE do 2 de marzo de 2021, establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato, segundo o establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio...

Recta final do programa de FP Dual

Recta final do programa de FP Dual
O alumnado de Desenvolvemento de Aplicacións Web en modalidade dual, está a comezar o seu último período do curso xunto coa empresa SoftwareOne. Neste tempo participará no desenvolvemento dunha plataforma de aprendizaxe online para a ONG One Welfare, adicada ao benestar animal e humano, e da súa contorna física...

NOVO Ciclo Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web

NOVO Ciclo Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web
O IES San Clemente comezará no curso 2023/2024 un novo ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual, en colaboración coas empresas: Inforhouse S.L. Ozona Tecnologías de la Información S.L. Balidea Consulting & Programming S.L. Altia Consultores S.A. Codebit Systems S.L. Nática Sistemas de Información S.L. Prazo de...

Convocadas as probas de acceso a ensinanzas artísticas para o curso 2023/2024

Foron convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas para o curso 2023/2024. Acompáñanse ligazóns ás distintas instrucións: Ensinanzas artísticas superiores de Música. Ensinanzas artísticas superiores de Arte dramática. Ensinanzas artísticas superiores de Deseño. Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e restauración de bens culturais.

Clube Maio 2023

Clube Maio 2023
Clica aquí para accederes ao boletín mensual

Exames Bacharelato maio 2023

En relación aos exames de Bacharelato de materias de 2º BAC (convocatoria Final Ordinaria: 9 e 11 de maio) e de 1º BAC (3ª Avaliación / Avaliación Final Adiantada: 8 e 10 de maio): ·      Terán lugar de xeito presencial nos mesmos lugares nos que se fixeron os das avaliacións...