Exoneración – Erasmus+
Declaración de exoneración de responsabilidades para a pandemia Covid-19 e situacións similares.
Solicitando bolsa Erasmus+, o alumnado maior de idade e con plena capacidade, declara que leu, entendeu perfectamente e acepta o enunciado que vén a continuación:
a.- Decidín libremente participar no programa Erasmus+ realizando unha mobilidade no estranxeiro.
b.- Sei que disporei dun seguro privado contratado coa compañía (AXA, Mapfre ou outra) na que se describen as coberturas do mesmo.
c.- Entendo e acepto os riscos inherentes á situación que está vivindo o país de destino en relación á pandemia por coronavirus Covid-19 ou outras situacións similares.
d.- Entendo e acepto que o IES San Clemente e o socio de acollida non poden considerarse responsables, baixo ningún concepto, dos danos que puideran ocorrer como resultado da situación de pandemia por coronavirus Covid-19 u outras situacións similares, incluídas as incidencias que puideran xurdir.
e.- Libero ao IES San Clemente e ao socio de acollida de calquera reclamación xudicial ou extraxudicial que puidera interpoñerse por min, os meus familiares, herdeiros ou polas persoas que legalmente puideran representarme a consecuencia da miña participación nas prácticas.
f.- Esta declaración é válida tanto para a próxima mobilidade como para as futuras que poida realizar coa mesma institución de envío.




