Equipo formado por estudantes do IES San Clemente, finalista da 5ª edición do HPE CDS Tech Challenge

O equipo formado polos ex-alumnos do centro Gonzalo Cordeiro Mourelle, Andrés Daparte Cabo e Ezequiel Soto Seoane, competirá na gran final do HPE CDS Tech Challenge os próximos 25 e 26 de abril nas oficinas de HPE e @HPECDS_ES en Madrid.

Estes tres alumnos, que coincidiron no centro cursando o ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, enfrontaranse a outros catro equipos (2 de España, 1 de México, 1 de Colombia).

Ezequiel Soto xa acadou as medallas de ouro no GaliciaSkills 2023 e no SpainSkills 2024, e participou en representación de España nos WorldSkills 2024 e EuroSkills 2025.

Dendo o IES San Clemente, desexámoslles moita sorte e que disfruten da experiencia.