• ?
  • Rexistro

Galiciaskills 2023

Os días 25, 26 e 27 de outubro celebrouse en Silleda o 7º Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2023, campionato no que o IES San Clemente participou en dúas modalidades de competición:

 

Modalidade Participante Titoría
Administración de sistemas en rede Érika Cacabelos Fernández Bruno Vila Vilariño
Desenvolvemento Web Ezequiel Soto Seoane Cristina París Brandariz

Ezequiel Soto obtivo a medalla de ouro na proba de Desenvolvemento Web e como gañador representará a Galicia no campionato estatal de Formación Profesional – Spainskills que se celebrará en Madrid en 2024.

Érika Cacabelos obtivo o terceiro posto na proba de Administración de sistemas en rede.

Alumnado e profesorado do IES San Clemente fixeron unha visita ao campionato o xoves 26, asistindo os grupos de 2º DAW e 2º SMR acompañados do profesorado Marcos Árias, Luis González, Ana G. Nóvoa e Óscar Rivas.

O IES San Clemente tamén estivo representado na modalidade de Administración de sistemas en rede polo profesor Víctor M. Martínez Taboada que actuou como presidente do xurado e quere agradecer a colaboración das empresas patrocinadoras para que esta proba saíra adiante:

Grupo Academia Postal Informática Elinfo