• ?
  • Rexistro

Mobilidades Erasmus+ realizadas durante o curso 2023/24

Se queres saber máis sobre as experiencias do noso alumnado e do profesorado no estranxeiro podes acceder a EixoTIC.

Entre o outono de 2023 e a primavera de 2024 realizaron prácticas no estranxeiro un total de 8 alumnos (7 FCTs + 1 extra curricular) a través do programa Erasmus+.

Neste período foron catro paises diferentes os escollidos polo alumnado:

  • SMR: Alejandra Cordeiro na iLoja do Porto.
  • DAM: Ángel Gómez, Pablo Romero, Miguel Seoane, Vladislav Zernov en Data4You (Praga), CAVI evolution (Italia) e The Digital Company (Italia).
  • DAW: Martin Arufe, Adrián Roca, Gabriel Montoiro Varela na RGC Manager (Hannover) e CDG 82 en Montauban (Francia).

Tamén houbo 6 profesores que disfrutaron da experiencia Erasmus+ en outras tantas localidades.

  • Carlos Doval en Matosinhos, visitando o centro de Educación Secundaria Augusto Gomes.
  • Loaira M. Rey en Lisboa, desplazandose até o Instituto de Educação Técnica (INETE).
  • Ana Alberte en Lisboa, na Escola Secundária Ramada.
  • Marisol Castellanos en Boloña, vistando o Istituto Istruzione Superiore I.P.C. Manfredi I.T.C. Tanari.
  • Mariano Sánchez en Montauban (Francia), no centro educativo Lycée Antoine Bourdelle.
  • Sabela Sobrino en Atenas, no 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education.

Os 14 participantes gozan dunha bolsa Erasmus+ e o alumnado cursa ciclos PluriFP en portugués ou inglés.

O/As titores/as mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante videoconferencia ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.

Ana Alberte

Vladis Zernov

Martín Arufe

Carlos Doval

María Castellanos

Mariano Sánchez, Adrián Roca e Gabriel Montoiro
Alejandra Cordeiro

 

Sabela Sobrino