• ?
  • Rexistro

Alumnado do CDCFE en prácticas na nosa cidade

O pasado luns día 5 de febreiro comezaron o seu período de prácticas en empresas de Santiago 7 alumnos e alumnas do CDCFE:

  • Jordan, Joy e Sarah, na empresa MoonOff
  • Iga na empresa CuartaZona Ingeniería
  • Filip en Codebit
  • Adolph e Nicole na RTVG

Tamén os acompañou os primeiros días a súa titora, Ann Kennedy, que xa nos visitara en anteriores ocasións.

Levamos anos colaborando co Colaiste Dhulaigh College of Further Education, unha institución irlandesa de ensino superior con sede en Dublín, e froito desta colaboración moitos alumnos e alumnas de ambas institucións puideron realizar prácticas tanto en Dublín como en Santiago de Compostela. Ademais intercambiamos ideas que nos permiten mellorar a calidade do ensino nos nosos centros de ensino.