• ?
  • Rexistro

Prácticas no estranxeiro Alumnado de Ciclos Formativos – Curso 2023/24

1.- Ábrese o prazo para a solicitude de prazas subvencionadas polo programa Erasmus+ dirixidas ao alumnado de Ciclos Formativos para realizar a FCT no estranxeiro no seguinte período:

  • Abril a xuño do 2024.

2.- Tamén está aberto o prazo para a realización de prácticas extracurriculares e de recén titulado. Duración dous ou tres meses.

O alumnado e ex alumnado que estea interesado, debe enviar a súa solicitude cubrindo este formulario.

O prazo de solicitude finaliza o día 5 de novembro. É importante realizar a solicitude en prazo e así garántese a prioridade establecida nos criterios de selección.

3.- Próximas convocatorias:

Abrirase en abril un novo prazo de inscrición para realizar:

  • FCT de outubro a decembro de 2024.
  • Extracurriculares e recén titulados.

Ademais de Erasmus+ hai outras fontes de financiamento. Máis información:

Criterios de selección
FAQ
Experiencias do alumnado Erasmus+:  VídeosBlogue.

Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net