• ?
  • Rexistro

O IES San Clemente en Finlandia, República Checa e Irlanda

Durante este primeiro trimestre visitamos Finlandia, República Checa e Irlanda, grazas aos nosos alumnos David Mejide e Daniel Fernández e á profesora Sabela Sobrino.

Os participantes no programa realizaron as seguintes actividades:

  • A profesora Sabela Sobrino visitou o Vantaa Vocational College Varia, en Vantaa, Finlandia. Publicou dous artigos incluíndo unha grande variedade de fotografías moi representativas:

Artigo no que nos mostra como é esta institución académica dedicada á formación profesional, que se compón de 5 campus.

Artigo no que describe como é o sistema educativo finlandés.

  • O alumno David Mejide realizou prácticas de FCT na empresa Data4You, en Praga, na República Checa.  Publicou os seguintes artigos:

Descrición das súas prácticas e a súa experiencia.

Breve guía de Praga con consellos moi útiles para futuros viaxeiros.

  • O alumno Daniel Fernández realizou prácticas extracurriculares na empresa Learnovate, en Dublín. Publicou os artigos:

Descrición das súas prácticas e a súa experiencia.

Os mellores consellos para futuros estudantes en Irlanda.

Animámosvos a que leades tódolos artigos que publican os nosos viaxeiros no noso sitio web dedicado ás experiencias Erasmus+: EIXOTIC