• ?
  • Rexistro

Visita do CDCFE de Dublín

O Coláiste Dhúlaigh College of Further Education (CDCFE) de Dublín e o IES San Clemente levan anos colaborando no marco dos proxectos europeos, concretamente Erasmus+.

Nesta ocasión dous alumnos irlandeses, Ciaran e Amy, realizarán prácticas curriculares na empresa MoonOff, en Santiago de Compostela.

Onte tivemos a oportunidade de recibilos no instituto, xunto coa súa titora, Ann Kennedy, que xa nos visitara anteriormente.

Despois visitamos MoonOff, referente en innovación e tecnoloxía no sector da iluminación LED, onde nos mostraron as instalacións e tivemos a oportunidade de falar co persoal, algúns deles titulados do noso IES. É unha empresa que sempre colabora no noso programa de prácticas e que ademais se anima a asumir o reto de recibir tamén ao alumnado estranxeiro no marco do programa Erasmus+, polo que lle estamos moi agradecidos.

Foi un privilexio ter a oportunidade de recibilos persoalmente, o que nos permitiu intercambiar ideas e acercar un pouco máis as nosas institucións académicas.